Proxectos

IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo

O obxectivo do proxecto é aplicar novas estratexias de xestión dos sistemas agroforestais en Centros de Ensino onde se imparte FPAgraria.

En que consiste?

Propúxose o deseño e implantación de bosques comestibles con alta diversidade biolóxica integrados na paisaxe, mais estables e cunhamaior resiliencia ante a emerxencia climática, que a súa vez permiten aproveitamento multifuncional, priorizándoos servizossocioambientais en 4 centros de Formación Profesional Agraria de distintas localidades galegas, nos que se desenvolveronsimultáneamente experiencias de aproveitamento de diferentes produtos : apícolas, cogumelos, resina, plantas comestibles e mediciñais,así como actividades de Educación ambiental con escolares de diferentes niveis educativos.

Cal é a finalidade?

A finalidade e impulsar novas estratexias para mellorar a resposta dos espazos agroforestais fronte ao cambio climático, perante aincorporación de prácticas mais sustentables a través da implementación de actividades, ensaios, metodoloxías, técnicas experiencias epostas en valor no ámbito educativo da FP Agraria.

Como funciona? 

A estratexia do proxecto baséase no traballo en rede entre centros de Formacion Profesional, permitindionos compartir ideas, experienciase coñecementos. Utilizándose como ferramentas metodolóxicas :-A aplicación de metodoloxías activas de aprendizaxe baseadas en proxectos ABP dende unha perspectiva multidisciplinar e o traballocolaborativo, cun maior protagonismo dos estudantes no seu proceso formativo e na co-creación de aprendizaxes.

Que achega á Comunidade Maker?

Ao estar este proxecto relacionado coa comunidade educativa encaixa perfectamente na xornada educativa de Maker , donde con esteproxecto de gran innovación, presentamos unha das últimas novedades con gran relevancia para o sector educativo e ambientalprecisamente nun momento de gran alarma medioambiental para o noso planeta.

Quen o realizou?

 Este é un proxecto colaborativo entre catro centros públicos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia con ciclos de FP da FamiliaAgraria:

-IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo (Lugo)

-IES Antón Alonso Ríos de Tomiño (Pontevedra)

-IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia (Ourense)

-CIFP A Granxa de Ponteareas (Pontevedra)

 

 

Páxina Web 

https://redebosquescomestiblesfp.jimdosite.com/https://redebosquescomestiblesfp.jimdosite.com/

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online