Proxectos

CEIP Barouta

Preséntase un sistema de rego automatizado.O sistema actívase en función das medidas que toma un sensor de humidade.

En que consiste o proxecto?
O obxectivo e construir un prototipo que, de forma automática, active o rego dunha pranta cando detecte que a humidade da terra está pordebaixo dunha magnitude concreta. Posteriormente este microproxecto pódese escalar para implantalo na horta do centro. Nunha primeira fase realizamos un prototipo básico que nos avisa cando a pranta precisa ser regada, mediante o acendido dun ledvermello. Posteriormente engádese unha bomba de auga para que o rego se realice de xeito automático.

Cal é a finalidade deste proxecto?
O obxectivo deste e outros proxectos similares, é adquirir unha compresión xeral do mundo da tecnoloxía, do seu funcionamento e as súasaplicacións, a través da concreción e da posta en práctica dos diferentes microproxectos.

Como funciona o proxecto?
Empregáronse dispositivos electrónicos propios do centro (polos creativos) para a construcción do prototipo.En canto á programación, realizouse co editor Makecode, un entorno de programación por bloques basado en Scratch. Prototipo básico (só avisa da necesidade de regar). Sensor de humidade do chan (Kit Nezha, Polos creativos). Leds vermello e verde (Kit Nezha, Polos creativos). Placa de extensión Nezha (Kit Nezha, Polos creativos). Cables de conexión RJ11(Kit Nezha, Polos creativos). Tarxeta microbit. Programación: Makecode. Bomba de auga de 5V.

Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Un exemplo de cómo usar as tecnoloxías dispoñibles para realizar proxectos educativos en aulas convencionáis.

Quen realizou o proxecto?
O alumnado de 5o curso do centro CEIP Barouta.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online