Proxectos

Felipe Rodríguez

Robodriguez é a proposta musical synthpop totalmente DIY de Felipe Rodríguez, músico multi-instrumentista e apaixoado friki do son e da informática musical. Con estética retro e intención provocadora, non deixa indiferente a ninguén. As súas letras combinan sátira, distopía e denuncia social, e os directos son performances con sorpresas inesperadas. 

Revisará algúns dos temas do seu primeiro traballo coma o "Gurú Chakra" (convertíndose en vidente sanador futurólogo homeopático), ou o "Perro Alarma", adiantando tamén outras do seu próximo traballo coma "Opus pus" (re-parodia dun texto de Celso Emilio Ferreiro) ou "Mensajes en botellas".


 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online