Proxectos

Tetsuji Katsuda

Tetsuji Katsuda desde Xapón preséntanos a Robot Band formada por cinco robots humanoides. Dous ás baterías, dúas aos metalófonos e Miss  Tomato ao micrófono coa súa incrible voz. Non te podes perder o concertoo sábado ás 13:00h!

Esta banda é única no mundo, de feito cada robot que forma a banda é único. Cada un deles ten máis de 22  servomotores a modo de articulacións e miden uns 80 cm. Tetsuji realizou as estruturas con CNC e impresora 3D. Para dirixir a Robot Band foi necesario desenvolver un software para controlar e sincronizar a todos os robots e os instrumentos.

Robot  Band estivo de xira ao redor de todo o mundo e realizou concertos en Estados Unidos, China e Taiwan, India, Indonesia, Malaisia, Corea e Xapón.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online