Proxectos

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Este proxecto levado a cabo por Arturo Martín do IES Plurilingüe Rosalía de Castro consiste, como moi ben indica o nome, nun robot para coidar o xardín. O dispositivo contrólase por bluetooth usando un mando para videoxogos. 

Robot Cuidaxardíns consta dunha cámara que se conecta por LAN para ver o lugar no que estás, polo que se pode usar a distancia. Está configurado para un fácil manexo, cun botón bótase auga e con outros se controla. Ademais, grazas aos seus sensores de ultrasón, pode medir a distancia.

Está fabricado con materiais reciclables, usando un coche teledirixido e unha tapa de xeado como base para soster a botella na que está colocada a bomba de auga. Todo iso conectado e controlado por unha placa Arduino.

Arturo expón que se podería expandir nun futuro para que sexa automatizable ou que faga máis tarefas, como podería ser cortar o céspede ou botar fertilizante.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online