Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Os alumnos e alumnas do FabLab do Colexio Salesianos Santo Ángel Avilés de Asturias observaron que nos recreos, este ano e debido á situación actual, os/as alumnos/as de infantil e primaria non poden interactuar entre eles/as. Non hai balóns, non hai pilla-pilla, e o único momento que gozan é coa música, porque poden cantar e bailar á vez todos/as xuntos/as, aínda que teñan que manter as distancias. 

Por iso deseñaron unha especie de Rocola ou JukeBox para que os seus compañeiros máis pequenos poidan levala ao recreo e poidan gozar duns recreos máis divertidos nos tempos do Covid.

Para levar a cabo este dispositivo deseñaron e cortaron os planos da Rocola coa cortadora láser e fabricaron pezas decorativas mediante impresión en 3D.

Posteriormente programaron as luces leds cun Arduino Nano e coa placa Bare Conductive lograron que cando se pulse un dos botóns soe unha canción para que os seus compañeiros/as poidan gozar nos recreos, cantando e bailando todos/as xuntos/as.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online