Proxectos

IES Rego de Trabe

O obxectivo deste proxecto é conseguir que o uso da bicicleta sexa máis seguro. Despois de investigar o número de accidentes e mortos nas carreteiras, o alumnado preguntouse por qué os coches tiñan dispositivos de seguridade e as bicis non. Para coñecer mellor o problema realizaron unha enquisa que enviaronaos clubs ciclistas galegos e ao equipo de triatletas que irá ás  Olimpiadas. 

Así localizaron , da man dos expertos, os puntos que consideran determinantes. A enquisa foi respondida por máis de 160 ciclistas de carreteira. Todos, na súa totalidade, creen que fai falla máis educación vial, pero consideran que os avances tecnolóxicos serían de gran axuda.

Das posibles actuación as mais votadas son:

1.- Sistema de luces nocturnas automático (encender cando non hai luz ambiente abondo)

2.- Sistema de detección de obxectos detrás da bicicleta

3.- Sistema GPS de localización

No dispositivo creado os sistemas están colocados nunha caixa impresa en 3D debaixo do sillín.

Como bos emprendedores o equipo buscou información sobre se existian sistemas semellantes á su solución innovadora, e atoparon un casco e un chaleco con funcións análogas , pero cun alto custo económico. Con esta información decidiron, seguindo a filosofía maker e o espírito do software libre, crear unha páxina web onde poñer a disposición dos interesados todas as instruccións, esquemas eléctricos, fotografías da montaxe e arquivos da impresión 3D e código para programar o microcontrolador.

Membros do equipo: Martín Bouzas, Álvaro López, Joel Maceiras e Álex Pedreira.


 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online