Proxectos

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo)

En que consiste?

Trátase dun barco recolector de residuos sólidos superficiais adestrado cunha rede neural para identificar a fauna e desviar a súa traxectoria impedindo a captura. O control do barco realízase por radiocontrol ou ruta programada.

 

Cal é a finalidade?

Siluro preséntase como unha solución á recollida de residuos acuáticos co obxectivo de axudar a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible axendados para 2030.

 

Como funciona?

O barco identifica o lixo e a fauna mediante unha rede neuronal nun servidor en "terra". Para a comunicación co barco empregamos a tecnoloxía WIFI e o broker MQTT. O control dos motores facémolo mediante PWM cuns mandos proporcionados na interface. Esta desenvolveuse en NodeRed e mostra a monitorización do barco: sensores de humidade e temperatura, localización e streaming. O control do barco pode levarse a cabo mediante radiocontrol e ruta programada (para un área amplia e sen obstáculos). Ambas contan cun sistema de navegación asistida que no caso de identificar lixo fóra do recorrido establecido, desvíase ata recollelo. Ademáis, evita a fauna detectada priorizando a súa seguridade.

O barco conta con numerosos dispositivos hardware tales como unha Raspberry Pi 3 B +, dous motores, dúas baterías, controladores de velocidade, cámara, servomotor e varios sensores.

 

Que aporta á Comunidade Maker?

Unha solución á agravante situación do lixo mariño.

 

Quen realizou o proxecto?

O grupo SILURO da asignatura de Laboratorio de Proxectos (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións):

Alba Ferreira Charrasquiel, Ana Carlota Cañamero Herrero, Lidia Varela Varela, Pablo Suárez Pérez, David Soengas Leis e Pedro Toimil Cornado.

Axudados económicamente pola empresa Marine Instruments e atlanTTic.

 




 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online