Proxectos

The Rocketeer Industries

 

En que consiste?

Con Simplify© propoñémoste novas experiencias para mellorar a túa memoria.

Simplify©, é un videoxogo social e disruptivo, que busca a integración xeracional mediante un eSport destinado a todas as idades, pero que mellora sen dúbida a calidade de vida dos nosos maiores.

Cando falamos de videoxogos a maioría pensamos que é algo para nenos e, é certo, moitos nenos e nenas xogan a videoxogos, pero o noso xogo non o é, de feito, está pensado para os nosos maiores, para mellorar a súa calidade de vida e para romper esa brecha xeracional que fai que cando imos gañando idade, se nos trate como non útiles.

Na antigüedade, os maiores eran respectados e venerados, hoxe en día a distancia que separa á sociedade dos seus maiores, non só é física, senón moral. Un desapego que non só mostra unha falta de afecto, senón unha inxustiza cara a unha xeración que noutro tempo sumaba.

Ao longo da historia, os nosos maiores eran os gardiáns das tradicións e a sabeduría, pero o avance tecnolóxico fixo que pasen a outro plano, porque nun mundo obsesionado coa xuventude e a beleza, a vellez vése cada vez miás coma un impedimento. A vertixinosa revolución industrial é a responsable dese distanciamento, pero ben xestionada tamén pode ser unha ferramenta para a integración.

A neuroplasticidade defínese de maneira xeral como a capacidade do cerebro para reorganizar os seus patróns de conectividade neural, reaxustando a súa funcionalidade. A plasticidade cerebral é unha propiedade do sistema nervioso que persiste ao longo da vida e está presente no  envellecemento normal, tamén no dano cerebral adquirido e incluso nas demencias.

O proceso de neuroplasticidade provoca conexións neurales en resposta á información procedente tanto das experiencias ambientales, como da estimulación sensorial ou como consecuencia do normal desenvolvemento.

As investigacións máis recentes demostran que ol cerebro segue a crear novas conexións neurales e alterando as xa existentes co fin de adaptarse a novas experiencias, aprendendo da conduta e a nova información para crear novos recordos.

 

Cal é a finalidade deste proxecto?

Os videoxogos non só teñen que entreter, Simplify© traballa para o xogador mentres xoga. Simplify© potencia numerosas actividades pedagóxicas, entre as que é salientable o desenvolvemento das capacidades cognitivas, espaciais e motrices. Mediante principios relación causa-efecto, como para a súa memorización, mediante a repetición intermitente dos símbolos propostos. O noso xogo propón ambientes de aprendizaxe baseados no descubremento e na creatividade, que potencian as capacidades cognitivas, incrementan a atención e a capacidade de concentración ao enfrontarse a símbolos de alta dificultade.

Seguindo os estudios de Eric Kandel, premio nobel no 2000, polo seu descubremiento sobre a neuroplasticidade sináptica creamos unha tecnoloxía baseada na Android que fai sobre os xogadores o seguinte:

- Potenciamos a visión espacial.

- Potencia a concentración.

- Axuda a previr o Alzheimer.

- Axuda á túa relaxación.

- Traballa a neuroplasticidade.

- Traballa a coordinación ocu-manual.

- Mellora a psicomotricidade

e axuda a coñecer xente.

 

Como funciona?

A tecnoloxía está desenvolta por nós, o motor está construído en C++ e Java, creado nun primeiro momento para dispositivos Android, o motor ten un premio a nivel universitario nacional nun concurso realizado pola UPM + Cátedra movistar, no cal a nosa tecnoloxía posicionouse no primeiro posto. O sistema de comunicacións que permite establecer conexións entre usuarios para poder xogar online en tempo real, autoriza ata un máximo de 100 xogadores simultáneos.

 

Que achega á Comunidade Maker?

Co noso proxecto queremos aportar o noso grao de area á loita e prevención de terribles enfermidades como o alzehimer. Cun pouco de entrenamento e constancia podemos facer que o noso sistema neural se vexa reforzado e se creen novas conexións gracias aos estímulos ofrecidos polo noso programa.

 

Quen realizou o proxecto?

Santiago Oreja García.

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online