Proxectos

CIFP As Mercedes

O obxectivo principal deste proxecto realizado no CIFP As Mercedes foi a creación dun panel de instrumentos de voo dotado de instrumentos básicos e os seus sistemas para medición de variables de voo imprescindibles en navegación aérea. Este proxecto é de carácter didáctico e serve como demostración do funcionamento dun avión real dos seus instrumentos de voo. Os materiais e ferramentas utilizados neste proxecto son comúns na industria aeronáutica.

O panel de instrumentos consta dun mínimo de seis instrumentos analóxicos e dunha pantalla dixital. Nesa pantalla pódense ler as medidas dos mesmos instrumentos analóxicos, pero mediante tecnoloxía dixital. Con este panel poderase, por tanto, contrastar a fiabilidade da lectura de instrumentos analóxicos e dixitais. O panel permitirá o estudo de sistemas imprescindibles en calquera aeronave, sistemas de voo que inclúen sistema de pitot-estática e sistema sen carga. Permitirá así mesmo a realización de probas, estudo de avarías e coñecemento en profundidade do seu funcionamento, ademais da comparación entre antigos e modernos sistemas de voo. 

O proxecto xera unha evidente innovación ao permitir a implementación entre recursos analóxicos e dixitais, incluír novos conceptos e contidos debido á programación dixital dos instrumentos, potencia o desenvolvemento de recursos e é facilmente trasladable.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online