Proxectos

Alejandro Mosteiro

Estre proxecto expón un sistema de monitoraxe para CPDs baseado en tecnoloxías open source e open hardware. En concreto, combínase o sistema de monitoraxe Zabbix coa aplicación para domótica Home Assistant e o protocolo MQTT para a recollida de datos dos sensores.  

Como sensores expuxéronse prototipos baseados na placa de desenvolvemento NodeMCU Mini e sensores de temperatura e humidade DHT22, sensores de temperatura DS18 B20, sensores de presenza PIR e outros elementos como LEDs indicadores. Capturamos datos de todos os sensores conectados á placa e enviámolos mediante MQTT sobre TLS ofrecendo unha capa adicional de seguridade.

O obxectivo é ter un sistema de monitoraxe o máis aberto posible e que sexa fácil de implantar e manter por parte do administrador. Integramos a monitoraxe de servidores, dispositivos de rede, sensores e outros elementos no servidor Zabbix para ter un punto onde centralizar as alertas de todos os elementos do CPD. 

Na fase actual do proxecto xa se probaron os prototipos en protoboard e comprobado que funcionan da forma esperada, polo que se pasou á creación dun prototipo sobre unha placa deseñada especificamente para o proxecto, baseada no chip ESP8266 que incorporan os  NodeMCU. Con esta placa preténdese ofrecer unha solución máis  robusta ao non realizar as conexións sobre  protoboard e conseguir un tamaño reducido que sexa máis fácil de instalar nos armarios. Deséñase tamén para esta placa unha caixa preparada para imprimir en impresora 3D.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online