Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Este vestido intelixente está dotado de varios sensores que miden a calidade do aire e dalgúns gases do medio ambiente, GPS, módulos IoT, e leds RGB. O vestido vai rexistrando as coordenadas onde se atopa e mandando todos os datos mediante tecnoloxía IoT a unha páxina web que os/as alumnos/as deseñaron para poder ver os valores de calidade de aire nesas coordenadas.

En función da calidade do aire, os leds que ten integrados o vestido cambian de cor, sendo branco a mellor calidade, verde, azul claro, azul escuro, morado e vermello a peor calidade. É unha forma de facer un wearable sensible á calidade do aire.

Para a parte de electrónica sobre placas de Arduino con Wifi integráronse e programaron os leds  RGB, os diferentes sensores e o GPS que envía os datos a ThingSpeak, para posteriormente mostralos nunha páxina web que deseñaron e crearon. Para a parte de deseño e o axustado dos leds e os sensores deseñaron unhas estrelas e aneis para unilos ao vestido. O vestido dispón dun pescozo con leds brancos que se acenden para indicarnos que o vestido está en funcionamento. 

Tentouse potenciar a parte artística e a creatividade á hora do deseño, ademais de crear unha peza intelixente que puidese “sentir” a contaminación ambiental. Finalmente deseñaron unha caixa base que dispón dunha impresora térmica que ao pulsar un botón conéctase a Internet e é capaz de imprimir todos os datos rexistrados.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online