Proxectos

Colegio Salesiano Santo Ángel

Como poder axudar aos nenos/as de necesidades educativas especiais coas TICs para que melloren a súa capacidade de concentración? No Colexio Salesianos Santo Ángel trabállase en terapias de estimulación visual a través de mesas con luz de cor cos nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Para eles, ideouse o Smart Umbrella, un paraugas creado con Arduino e que mediante un sensor de cor capta a frecuencia da luz que lle chega e cunha tira de leds que se ilumina segundo a cor ao que apunte.

Isto supón un gran exercicio de estimulación para estes nenos/as e ao mesmo tempo permítelles aprender as cores. A estimulación coa luz está asociada coa exploración e o descubrimento. A integración sensorial do mesmo xeito que a estimulación da linguaxe, a atención e a observación entre outras moitas cousas son aspectos fundamentais para este tipo de aprendizaxes.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online