En que consiste o proxecto?
Consiste en dous dispositivos (unha base e un smartwatch) que son capaces de cooperar entre sí para facer un mellor uso da información sensorial recollida. Gracias a este sistema, podemos detectar emerxencias a tempo real, como caídas ou anomalías cardiacas e tamén facer estimacións a medio e longo prazo de posibles patoloxías que avanzan no usuario e pasan desapercibidas a simple vista.
Ademáis, o usuario pode realizar chamadas de emerxencia tanto de forma directa como de forma indirecta (indirecta significa que se encontra nun estado de inconsciencia ou inmóvil e precisa que o dispositivo faga a chamada por él automáticamente) dende o smartwatch.
Por outra banda, a base, situada no fogar do usuario, encárgase de darlle compañía e ocio mediante xogos e conversacións (é capaz de xerar historias, temas de conversación ilimitados...). A persoa que interactúe coa base poderá facelo a través de xestos ou voz para unha maior versatilidade e sencillez. Finalmente, con estas ferramentas, tamén somos capaces de facer que o usuario poida utilizar outras tecnoloxías actuais como teléfonos ou televisións intelixentes dunha forma máis sinxela e intuitiva.
Cal é a finalidade deste proxecto?
Pretendemos ofrecer axudas reais ás persoas de idades avanzadas, aínda que tamén é óptimo para un público de calquera outra idade.
Queremos que as persoas sexan máis independentes e tamén mellorar a súa saúde e conectividade.
Como funciona o proxecto?
Para lograr o mencionado anteriormente, utilizamos intelixencia artificial, blockchain, comunicacións de baixa frecuencia, un smartwatch e unha aplicación feita por nós que utiliza o IoT para amosar con facilidade a información recollida polos dispositivos ao usuario.
Ademáis, utilizamos procesamento de linguaxe natural para que o dispositivo poida comunicarse co usuario e visión artificial para recoñecer os xestos. Neste último caso, utilizamos unha cámara normal, aínda que temos un modelo cunha cámara RGBD.
Que achega á Comunidad Maker?
Gustaríanos expandir a nosa rede de contactos e darnos máis a coñecer, polo que a Comunidade Maker parécenos unha moi boa oportunidade. E, por suposto, toda oportunidade de financiación sería benvida.
Finalmente, tamén queremos validar a nosa idea de produto e comprobar canto lle gusta á xente.
Quen realizou o proxecto?
Detrás deste produto encóntrase Peral Project, un proxecto de empresa que emprega as novas tecnoloxías no sector da saúde e a alimentación.
CEO: Ergin Kamberov Pose
CTO: César Abilleira Carballal
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online