Proxectos

CPR Plurilingüe Eduardo Pondal

Pequeno stand onde os alumnos presentarán e ensinarán aos visitantes a facer diferentes avións de papel segundo o tipo de voo que desexen.

De que trata o proxecto?
Coñece e investiga o tipo de avións e como están as súas ás segundo o voo que realicen e tradúceo en avións de papel buscando o modelo axeitado segundo se queira un voo longo ou un voo acrobático por exemplo. Como sabemos que o papel é un ben escaso e “caro”, empregaremos papel reciclado daquelas fotocopias que se estraguen na oficina do colexio.

Cal é a finalidade deste proxecto?
Fomentar o interese do alumnado polos temas científicos, aplicar o método científico así como a defensa oral dun traballo realizado ante un público.

Como funciona o proxecto?
O proxecto traballa desde a interacción entre o público que se achega ao stand e as explicacións e demostracións do alumnado.

Que aporta este proxecto á comunidade Maker?
Creo que este proxecto achegará a frescura dos nenos á comunidade, un momento divertido no que trataremos de ensinarvos a facer avións diferentes aos de sempre.

Quen fixo o proxecto?
Alumno de 5o e 6o de primaria do módulo "PhotoSteam" do RCP Plurilingüe Eduardo Pondal.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online