Proxectos

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Un grupo de alumnos/as do IES Plurilingüe Rosalía de Castro presentan un proxecto que pretende ser unha solución tanto para a reciclaxe do lixo electrónico como para combater a pobreza enerxética no Terceiro Mundo, trátase dunha cociña solar. 

Como o nome xa indica, o proxecto parte da reciclaxe do chasis dun vello televisor de tubo catódico (Televisión + Oven ="TelevisiOven"), ademais está illado con materiais de refugallo e conta cun parasol de automóbil para reflectir a luz.

"Televisioven" é unha cociña solar rápida e eficaz (capaz de quintuplicar a temperatura do exterior nun lapso moi breve), lixeira (a pesar do seu tamaño), resistente e duradeira, de fácil mantemento e uso e moi barata e fácil de fabricar.

No seu funcionamento, o "TelevisiOven" combina os principios de concentración e acumulación da luz solar para unha maior calidade e velocidade de cocción. De concentración, xa que os seus paneis orientan a luz solar ao interior do forno; e de acumulación, xa que o seu peche de cristal permite o paso da radiación solar e impide a fuga da calor.

O seu éxito máis evidente, cunha temperatura de 170º C, o "TelevisiOven" pode fritir un ovo nun día asollado, sen necesidade de electricidade ou de combustibles fósiles.

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online