Proxectos

Rebeca Guadalupe Jaramillo García y Alexia Yatzel Reyna Lopez / ONLINE

Conéctate en directo

01/06/2023     10:00 - 20:00

Este proxecto levouse a cabo co obxectivo de fomentar o uso cotián da tecnoloxía robótica.

 

En que consiste?

Este robot está deseñado para interactuar coa súa contorna e recompilar datos en tempo real sobre o ambiente no que se atopa, incluíndo información sobre a temperatura, a humidade, a calidade do aire e outros parámetros.

Tera busca mellorar a eficiencia en tarefas e diminuír os riscos laborais, así como fomentar a adopción da robótica en contornas laborais de forma cotiá.

Cal é a súa finalidade?

O noso principal obxectivo con Tera é promover a adopción da robótica nas contornas laborais de forma cotiá, logrando así mellorar a eficiencia nas tarefas das empresas e reducir os riscos laborais.

Como funciona? 

Este robot está equipado con múltiples sensores que lle permiten interactuar coa súa contorna, proporcionando información valiosa sobre os datos ambientais, conta con microcontroladores integrados e cada motor ten un control total de velocidade, aceleración e posición.

 

Que achega á Comunidade Maker? 

Tera podería ser unha excelente fonte de inspiración e aprendizaxe para os makers interesados na robótica e a intelixencia artificial. Os makers poderían estudar o deseño e a programación de Tera para obter ideas para os seus propios proxectos.

Quen realizou ou proxecto?

Desenvolveuse no Centro de Innovación Tecnolóxica (México) por: Rebeca Guadalupe Jaramillo García e Alexia Yatzel Reyna Lopez.

 

 

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online