Proxectos

Agrupamento de Escolas Venda do Pinheiro

Como podemos estimular a creatividade dixital na educación a distancia, con estudantes illados e confinados nos seus fogares? Ese foi o desafío deste ano de TIC en 3D do Agrupamento de Escolas Venda do Pinheiro de Portugal.

Para iso, un dos proxectos levado a cabo para animar aos estudantes foi Tech Takeaway, que consiste no préstamo de robots e placas Micro:bit para levar a casa e así poder seguir programando e desenvolvendo proxectos tecnolóxicos.

Outra das iniciativas foi o proxecto E@D 3D no que uns 200 estudantes de dez anos tiveron o reto de aprender a modelar en 3D utilizando os seus teléfonos móbiles co incentivo de que cando regresasen á escola recibirán a súa figura 3D. Nesta actividade logrouse cruzar a expresión artística, o modelado 3D, a fabricación aditiva, as TIC e a fluidez dixital coa aprendizaxe a distancia.

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online