Presentación de mecanismos de cartón, madeira e pezas 3D, que representan diferentes transmisións de movemento automatizadas cun Arduino.
En que consiste o proxecto?
Os alumnos crean os mecanismos de cartón, e engádenlles compoñentes conectados a unha placa Arduino para poñelos en movemento.
Cal é a finalidade?
O proxecto consiste en divulgar sobre diferentes transmisións de movemento, e como podemos automatizalas cunha placa Arduino e varios compoñentes.
Como funciona?
Os mecanismos foron construídos con cartón, madeira e pezas impresas con impresora 3D. Cada mecanismo terá unha placa Arduino que dispoñerá dun sensor distinto (interruptor, sensor PIR, potenciómetro, sensor de inclinación) que activará o movemento do mecanismo. Os alumnos presentaranos en grupos de 4 (inicialmente, poida que ao final sexan menos, pero haberá un mínimo de 2alumnos por mecanismo) e presentarán 4 mecanismos distintos (de novo inicialmente, pode ser que ao final sexan só 3).
Que achega á Comunidade Maker?
A súa achega é a divulgación dun concepto simple e enormemente presente na tecnoloxía: a transmisión de movementos a través de mecanismos, ao que lle engadimos a automatización a través da programación dun Arduino. E todo iso realizado por alumnos de 1 ESO. Con este proxecto queremos visualizar que o uso de Arduino pode comezarse desde estes cursos (ou mesmo antes) e que pode dotarse de significado. Son os alumnos os que constrúen o proxecto, de modo que lles damos a oportunidade de crear e presentar, de gozar da programación e da súa divulgación. Cremos que é unha experiencia fantástica para eles, na que se demostran a si mesmos do que son capaces, e serven para motivar aos seus compañeiros para verse tamén capaces.
Quen o realizou?
Equipo 1 Autómata con leva e rodas dentadas
Chloé Fuentes Nieto
Valeria Bueses García
Claudia Bueses García
Martina Ruzo Trillo
Equipo 2 Rodas de fricción
Silvia Martínez Rodríguez
Ánxela Pérez Ruíz
Inés Pico Mauleón
Marcela Cordo Márquez
Equipo 3 Levas excéntricas
Izan Vázquez Páez
Brandán López Baños
Miguel Curra Fernández
Martina Deaño Sobrino
Equipo 4 Parafuso sen fin coroa
Miguel López Núñez
Paulo Calvo Román
Teo González Gómez
Antón Táboas Tejada
Víctor Gago Martín
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online