Proxectos

CeLeo + Autofabricantes

Henar é unha muller con moito gusto pola música e que padece encefalopatía acetósica, o cal fai difícil o uso de instrumentos convencionais. Pero isto non lle impediu obter unha formación musical e tocar nunha orquestra. É por ela que este proxecto foi iniciado polo Centro Celeo en Cuenca, cuxo desenvolvemento tecnolóxico está a realizalo Autofabricantes.

É un instrumento de percusión MIDI para tocar en casa e en vivo, deseñado con software e hardware de código aberto, utilizando tecnoloxías de fabricación accesible para que sexa alcanzable, replicable e fácil de montar. É un “multi-instrumento” parecido a un sampler que emite sons melódicos ou de percusión. Dispós de place Arduino, sensores e un mini-ordenador RaspberrPi con sons configurables.

Mostraremos as 2 últimas versións (Henar#3 e Henar#4) do instrumento co obxecto de interactuar cos asistentes ademais de recibir o “feedback” que nos poidan achegar, mostrando o seu uso e resolveremos as preguntas que poidan xurdir.

Tamén esteremos abertos a posibles sinerxias e colaboracións a futuro que poidan xurdir.

 

https://uninstrumentoparahenar.org/

https://autofabricantes.org

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online