Resumo do proxecto
O noso proxecto serve para axudar a persoas con limitación visual á hora de nadar nunha piscina axudándolles a coñecer os límites da mesma.
Quen realizou o proxecto?
Cyriaque Chapel, Pablo Pedrosa Bartolomeu e Guillermo Giacone Táboas.
En que consiste o proxecto?
Investigámolos posibles problemas nos deportes e centrámonos na natación para xente con limitación visual, que ten poucas solucións. O problema é que as persoas con limitación visual non poden nadar de forma autónoma. Cando o nadador chega ao final da rúa debe ser avisado polo seu adestrador cun stick golpeándolle nas costas ou cabeza. Pensamos nunha solución máis complexa, precisa e automática, é dicir, sen necesidade doutra persoa.
Cal é a finalidade deste proxecto?
Dar maior autonomía ás persoas con limitación visual.
Como funciona o proxecto? (Tecnoloxías utilizadas, experiencia de usuario, etc.)
Para a nosa solución utilizaremos un Arduino micro, dous sensores LIDAR e dous sensores de curto alcance (3 m) LÁSER. Todo o programaremos en linguaxe C mediante o IDE de Arduino. Co LIDAR (Radar LÁSER), que ten un rango de 12 m, seremos capaces de calcular a velocidade, a distancia e sentido a unha distancia máxima de 12 metros. O outro sensor láser de rango inferior utilizarémolo para ter maior precisión e eliminar posibles erros por salpicaduras de auga. Para eliminar erros engadimos un soar. Cada rúa dispoñerá dun sistema de sensores independente dos demáis. Colocarémolos ao principio e ao final da rúa a unha altura de 20 cm sobre o nivel da auga, menos o soar que irá mergullado. Cando os sensores detecten ao nadador, estes enviarán unha sinal por bluetooth a un receptor (no gorro) dotado dun motor vibrador.
Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
Paixón polo que facemos e satisfacción de poder axudar a outras persoas.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online