Proxectos

VermisLAB

Este proxecto, desenvolto polo grupo de MakersPro de  VermisLAB, consiste no deseño e a construción dunha maqueta dunha habitación que ten  domotizadas varias tarefas como facer a cama, abrir e pechar as persianas, regular a temperatura e poñer unha alarma.

 A maqueta foi realizada con cartón pluma e os mobles e decoración do interior foron deseñados e impresos en 3D. Ademais consta de varios elementos móbiles automatizados grazas a un Arduino UNO con varios sensores e actuadores. 

Para poder realizar correctamente todas as tarefas, a habitación está dotada de sensores de temperatura, un sensor capacitivo dentro da cama, motores para as persianas e a cama, LEDs, un buzzer e, ademais de todo iso, ten unha pantalla para manterche informado e un botón para que poidas seleccionar as opcións dispoñibles.

Membros del equipo: Álvaro Vázquez, Manuel López, Icía Carreiras e Nicolás Teo Paz.

 

 

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online