Proxectos

XuvenCiencia - USC

Pequenos experimentos cos kits de experimentación de XuvenCiencia (Fotometrix, Animal CSI, AquaLab, DNAMeat, VitroPlant, Photonics Explorer...)

En que consiste?

XuvenCiencia realizará cos visitantes pequenos experimentos e demostracións relacionados cos seus kits de experimentación:

Photonics Explorer: experimentos sobre a luz e a tecnoloxía da luz

Animal CSI: actividades no eido da patoloxía veterinaria, como necropsias ou preparación de mostras

Vitroplant: actividades para o cultivo in vitro de árbores

AquaLab: actividades relacionadas coa auga, a súa xestión e o seu consumo responsable

DNAMeat: Ensayo molecular de trazabilidad animal – Xenética, PCR

Fotometrix: Análisis Fotométrico do contido de proteinas no leite

Cal é a finalidade?

Os kits desenvolvidos polo grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia permiten aos usuarios achegarse á investigación a través da experimentación en diferentes disciplinas científicas.

Como funciona?

Cada un dos kits de experimentación propostos presenta varias actividades adaptadas ás necesidades educativas do alumnado, desde primeiros cursos de ESO a BAC, nas que irá progresando (subindo niveis) a medida que vaia adquirindo competencias.

Cada kit conten todo o material instrumental necesario para levar a cabo as distintas actividades, aínda que se procurará que na medida do posible se aproveite o material de laboratorio do que dispoñan os centros.

Que achega á Comunidade Maker?

A filosofía Maker é esencial para varios dos kits de educación que presentamos: o kit AquaLab basease directamente nun proxecto Maker para medir a humidade no solo. A concentración de proteínas mídese co fotómetro Fotometrix fabricado con hardware de código aberto e impresión 3D, ao igual co visor de fluorescencia do kit DNAMeat que permite detectar a amplificación de ADN despois dunha PCR.

Quen o realizou?

XuvenCiencia é un grupo de innovación docente do campus de Lugo da USC que desde 2013 ten desenvolvido un ambicioso proxecto con tres vertentes: un exitoso campus de verán para adolescentes, unhas xornadas para a formación de profesorado de ensino medio e un programa que leva a práctica investigadora ás aulas dos colexios e institutos a partir de novidosos kits de experimentación deseñados polos membros de XuvenCiencia.

 

https://xuvenciencia.org

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online