Obradoiros

Rubén Ramos Balsa

04/06/2023   11:00 - 13:00
04/06/2023   17:00 - 19:00

Só presencial

Cousas que pensan que pensan


Cal é a relación da arte coas novas tecnoloxías?. Como interpretan e incorporan os artistas a tecnoloxía no seu traballo?, pero Que é a tecnoloxía?, e a arte Que é?, Teñen realmente algunha relación?. Somos conscientes da nosa capacidade de interacción coas máquinas?.


Antes de todo isto cabería preguntarse: Que é unha máquina?.


Neste taller teórico—experimental sobre a arte como tecnoloxía e a tecnoloxía como arte, propóñense as prácticas e experiencias artísticas en xeral, e en particular á performance como especialidade no concepto de interacción, para fornecer ao participante dos recursos e ferramentas necesarias cos que adaptarse ao constante cambio do medio tecnolóxico. O obxectivo é construír, de forma individual, unha relación persoal e activa coa tecnoloxía. O taller expón explorar o modo de alcanzar unha interacción máis sofisticada coas máquinas a través da construción de sentido, mesmo, de como desenvolver as habilidades necesarias para fabricar as túas propias innovacións coas que, quizais, poidas achegar granitos de area e contribuír a que mellore o estado actual da arte de calquera técnica.

 

Este obradoiro requere inscripción previaInscríbete aquí

  • Idade: + 16 anos
Necesidades:

Horario continuado, este taller ten unha duración de 4 horas divididas en 2 horas en horario de mañá e 2 horas en horario de tarde.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online