Obradoiros

Bárbara Román - Andrea Brandariz

Sen inscrición previa

Contido gravado

Seguro que tiveches unha idea xenial, pero ao pensar en como trasladala ao mundo real xurdíronche un montón de dúbidas xurídicas. Non te preocupes! É certo que hai un montón de pasos e de normas que debes coñecer, pero explicámoschas aos poucos para que non infartes.

Falaremos da diferenza entre Facenda e Seguridade Social, de como montar unha sociedade por 100 euros en (case) 24 horas, de trucos que che axuden con eses primeiros clientes, das  liñas vermellas que xorden cando emprendes, e ata che axudaremos a crear os teus propios contratos. O Código Civil será o teu novo mellor amigo :)

O taller será impartido por Bárbara Román, CEO de NoLegalTech e Andrea Brandariz, graduada en Dereito pola Universidade de A Coruña. En NoLegalTech realizan consultoría legal especializada en tecnoloxía.

 

  • Duración: 1:30 H
  • Idade: A partir de 15 anos
Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online