Obradoiros

CEE Ntra Sra Lourdes

Sen inscrición previa

Contido gravado

Deseño e Son é un proxecto inclusivo que utiliza a tecnoloxía como ferramenta de axuda para atender necesidades especiais e visibilizar outras realidades.

A través do modelado e impresión 3D e a programación de aplicacions o alumnado do IES Zalaeta e de CEE Ntra. Sra. de Lourdes, en colaboración ca fundación ONCE, Aspronaga e Aspanaes, desenvolveron varios traballos entre os que se atopan a creación de mapas táctiles e pezas para aprender braille, a adaptación de xogos tradicionais e o deseño de aplicacions para facilitar a comunicación.

Faremos un obradoiro práctico para a creación de mapas táctiles: da Terra, do rueiro ou dunha dependencia interior como o colexio, teatro, etc. As persoas cegas só ven o que tocan e istes mapas serven para personas que non poden ver pero tamén para o resto de alumnado, sendo unha aprendizaxe que non diferencia e moito mais inclusiva.

 

  • Duración: 15 minutos
  • Idade: A partir de 10 anos
Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online