Internet é agora un xogo de mesa. Tratamos de dar a coñecer un dos maiores perigos da rede, o control das masas mediante as Fake News.
Os participantes do taller tomarán o papel de usuarios casuais da internet; mentres, tratarán de pescudar que puxo patas para arriba a unha España ficticia nun sistema de mazmorras cheo de alegorías a problemas típicos das redes como o clickbait, o spam ou o roubo de información presentados como inimigos e dificultades.
Este xogo de rol en toda regra pretenderá principalmente diversión, concienciación e aprendizaxe.
Formato: presencial
Prazas limitadas! Inscríbete pinchando aquí.
Non son necesarios coñecementos previos.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online