Obradoiros

Jorge Vázquez Iglesias

Sen inscrición previa

Contido gravado

No momento no que nos atopamos é esencial contar cun software de xestión avanzado baseado na nube que facilite a comunicación entre os nosos/as compañeiros/as.

Odoo o fai posible a través dunha ferramenta de xestión empresarial completa, pero que á vez é sinxela e intuitiva, aforrando tempo de xestión e sobre todo facilitando o acceso á información de todas as áreas do negocio de forma integrada.

Ademais, contando cun implantador próximo e experimentado como Sinerkia, o éxito está garantido, mantendo uns custos moderados. En comparación con outro software propietario, Odoo proporciona unha cobertura funcional completa cun custo de implantación, operación e mantemento moito máis reducido.

Pola súa facilidade de uso e custo, Odoo é especialmente indicado para pemes e emprendedores/as que queiran modernizar a súa xestión, e ter acceso a toda a información das súas operacións para unha mellora na toma de decisións.

Taller impartido por Jorge Vázquez Iglesias,COO de Sinerkia, empresa tecnolóxica galega nada no 2016 co obxectivo de ofrecer solucións de xestión modernas e de alta calidade ás pemes.

  • Duración: 45 min
  • Idade: Pemes e emprendedores/as
Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online