Obradoiros

Dani Sanz

Sen inscrición previa

Contido gravado

Neste taller programaremos paso a paso a través de bloques o xogo de habilidade dos trileiros mediante o simulador de Microbit da plataforma MakeCode de Microsoft.

Utilizaremos conceptos básicos en programación e aplicarémolo á creación dun xogo que mostraremos a través da matriz de LEDs da placa Microbit co que o xogador poderá demostrar a súa capacidade de concentración.

Grazas ao simulador de MakeCode non é necesario ter a placa física, aínda que se tes unha tamén poderás cargar o xogo nela.

Taller impartido por Dani Sanz, creador de juegosrobotica.es, páxina web dedicada á robótica educativa.

 

 

  • Duración: 40 min
  • Idade: A partir de 12 anos
Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online