Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

O potencial creativo dos perfís maker é indubidable, pero é suficiente para facer da súa paixón o seu medio de vida? Os procesos de aceleración son compatibles cos/as makers?

Nesta mesa, onde estarán presentes as principais aceleradores públicas de Galicia, reflexionaremos sobre estas e outras preguntas e ofreceranse todas as claves para poder participar nun programa de aceleración deste tipo.

Ponentes

Jorge Gómara

Graduado en Administración de Empresas e MBA polo IE Business School. Experto en emprendemento, actualmente é o responsable do equipo xestor e membro do comité executivo do Business Factory Auto (BFA), e director financeiro do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) desde 2012.


Javier Osuna

Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Leva máis de 25 anos dirixindo as estratexias de múltiples organizacións para transformar o seu I+D+i no factor crave da súa competitividade. Na actualidade é o responsable da Business Factory Food.


Rodolfo Ojea

Licenciado en dereito con máis de 20 anos de experiencia no mundo do  emprendemento innovador. Actualmente é o director xerente da Fundación Cel e responsable do equipo de xestión da BFAero.


Fany Suárez Mansilla

Responsable de Programas da área de Competitividade do Igape.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online