Desde Ayúdame3D han creado un programa educativo para colegios de todo el territorio nacional en el que niños y niñas aprenderán gracias al diseño e impresión 3D lo fácil que es ayudar.
En esta ponencia, los investigadores del CITIC de la Universidade da Coruña explicarán la necesidad de crear una asignatura sobre Inteligencia Artificial para secundaria y bachiller, de cara a preparar a los estudiantes para los retos futuros.
A través deste proxecto poderanse observar decenas de obras impresas (vasos, portacandeas, xogos de xadrez, pousavasos, colgantes, miniaturas, etc.). Trátase dun proxecto interactivo, xa que o público poderá establecer unha conversación con Iago Rodríguez para coñecer detalles das pezas, así como o modo de conseguilas.
O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) proporciona solucións avanzadas aos sectores produtivos da sociedade, especialmente a empresas, industrias e administracións públicas. A súa principal función é a transferencia de tecnoloxía matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo.
Desde o CIFP As Mercedes nos muestran, tal y como se realiza en aeronaves de tamaño real, la fabricación de una aeronave de estructura de aluminio a escala. El objetivo de este ambicioso proyecto es el vuelo de la aeronave fabricada. Para ello, se debe estudiar y construir desde la estructura hasta los mandos de vuelo, sistemas de iluminación, motorización y un largo etc.
Exoesqueletos de rehabilitación é un proxecto de Indi Global de México que consiste no desenvolvemento opensource do primeiro exoesqueleto médico alcanzable para axudar á marcha de nenos e nenas con dificultades motoras.
Ergonomik é unha lixeira, transportable e útil pinza que o usuario pode colocar no seu computador portátil para detectar a súa posición corporal ou postura corporal. Se o usuario non mantén unha correcta hixiene postural a pantalla do seu computador apagarase automaticamente.
Dentro da xornada de educación podes formar parte do marathon de impresión 3D onde poderás presentar unha peza a concurso para programar de xeito analóxico un robot Escornabot. Todas as pezas formarán parte de un kit para empréstito para centros educativos.
Este proyecto de los/as alumnos/as del IES David Buján tiene como objetivo principal la creación de una sonda de bajo coste con diferentes sensores que permita realizar investigaciones relacionadas con la calidad del agua de los ríos.
Como en edicións anteriores de Maker Faire Galicia, desde Project Droid buscan educar, ensinar así como crear curiosidade aos mozos/as e adolescentes por medio da ciencia, a robótica e a animatrónica que nos regalou o cinema. Animando a estes a sumarse e crear coas súas propias mans. Así foi como chegaron a crear diversos robots da saga Star Wars e doutras sagas cinematográficas, sempre funcionais e en Escala 1:1.
Kid’s Kitcar es una asociación educativa cuyo objetivo es despertar la motivación de la juventud por las ciencias e ingenierías a través de un gran desafío: diseñar y construir su propio coche eléctrico y competir con él en carreras alrededor del mundo.
Micro: bit para a rehabilitación en parálise cerebral, levado a cabo por investigadores do CITIC-UDC en colaboración con ASPACE, consiste na creación de programas lúdicos controlados pola placa programable Micro:bit e o posterior rexistro das pautas marcadas por un terapeuta para a rehabilitación en persoas con diversidade funcional.
El equipo ”Os tecnolóxicos” presentan su proyecto CanSat, un minisatélite del tamaño de una lata de refrescos y que tiene como objetivo “simular todos los aspectos de una misión real de lanzamiento de un satélite incluyendo su diseño, desarrollo, lanzamiento, funcionamiento y análisis de datos a través de un trabajo en equipo.
Moeda Bitcoin DIY, levado a cabo por investigadores do CITIC, é un proxecto que permite a calquera maker crear de forma segura as súas propias moedas Bitcoin físicas mediante o uso dunha impresora 3D de baixo custo e un software open-source específico desenvolvido por eles mesmos.
O proxecto Makey Makey dentista ten como obxectivo traballar a motricidade fina con alumnos de educación infantil, utilizando para iso a tecnoloxía Makey Makey.
MakerGal é unha empresa de deseño e distribución de impresoras 3D. Nos últimos 6 años tamén se especializou en servizos de prototipado, enxeñeiría inversa e fabricación digital. Trátase dunha empresa de deseño e distribución de impresoras 3D, cuxa especialidade é a fabricación de equipos de impresión de grandes dimensións así como pezas impresas de gran tamaño.
Dada a situación actual de pandemia e as continuas normativas ás que temos que adaptarnos, este proxecto busca comunicar as normas de prevención COVID a través do robot Ozobot.
Asier Marzo es fundador de UpnaLab, un equipo multidisciplinar de la Universidad Pública de Navarra que, con la curiosidad como máxima motivación y el Open Science como base, utilizan las nuevas tecnologías para crear dispositivos interactivos novedosos.
Maker Store By Allnet é unha tenda especializada na comercialización de produtos baseados no movemento Maker e a filosofía STEAM, por exemplo Impresoras 3D, filamento 3D, compoñentes electrónicos, placas de desenvolvemento, robots educativos, ferramentas, fontes de alimentación, instrumentos de medición e control, domótica, IoT & LoRaWAN.
"Desplastifícate" do Club de ciencia do CEIP Ponte dos Brozos, une o uso da tecnoloxía e o fomento da conciencia ambiental creando espazos virtuais que repliquen contornas naturais contaminadas, para visualizalas, reflexionar sobre as súas repercusións e plantexar posibles solucións.
Deseño e Son é un proxecto inclusivo que utiliza a tecnoloxía como ferramenta de axuda para atender necesidades especiais e visibilizar outras realidades.
Os grupos de investigación de Intervención psicosocial e rehabilitación funcional e de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións da UDC desenvolven unha aplicación móbil para a análise do desenvolvemento das habilidades motoras na infancia e para complementar e potenciar as actividades físicas deseñadas especificamente para nenas e nenos de educación primaria con dificultades motoras.
O proxecto Art&Technology recopila unha colección de seres fantásticos que teñen a característica de ser interactivos. Trátase dunha serie de esculturas modeladas unha a unha totalmente a man: animatronics, arte cripy, impresión 3D, electrónica embebida enfocada ao mundo do entretemento e o espectáculo e moito máis neste proxecto tan interesante.
Este proxecto permite que un primeiro vehículo, ao percibir que ten outro detrás moi próximo, mándelle un sinal ao segundo vehículo para que free.
O Anti-sleeper Car é un dispositivo que se instala nos vehículos e cuxo obxectivo é tratar de evitar os accidentes de tráfico provocados por persoas que quedan durmidas ao volante.
Alquimétricos es una colección de juguetes didacticos ecotecnológicos de construcción, basados en la metodología STEAM y de código abierto que surge a partir de una iniciativa internacional en Argentina, desarrollada en Brasil y que ya ha visitado más de 10 países.
A robótica vangardista baseou os seus novos desenvolvementos en multitude de comportamentos diferentes abstraídos da natureza, un claro exemplo diso é a robótica colectiva ou cooperativa, que ten como obxectivo deseñar equipos de robots con capacidade para resolver problemas operando de maneira similar a unha colmea, involucrando contornas dinámicas, con condicións cambiantes para a percepción.
No CAFI ofertanse actividades aos/as docentes de Galicia dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado, moitas delas desenvolveronse no novo espazo de traballo, a Aula Nova. As temáticas foron moi diversas na busca dunha experimentación práctica e colaborativa.
Este proyecto interdisciplinar del IES Otero Pedrayo consiste en la construcción y automatización de un acuario marino tropical automatizado, un ecosistema altamente improbable energéticamentente donde aplican operaciones físico-químicas, biológicas y matemáticas como base para trabajar las competencias clave.
Este proxecto, realizado por investigadores do CITIC-UDC, consiste no deseño dun asistente virtual desenvolto con compoñentes de código aberto e amplamente utilizados. A proposta cobre o proceso de principio a fin, dende a recompilación e o procesamento de información ata a interacción visual e verbal.
O novo equipo formado de CAFI Galicia dará forma os contidos audiovisuais que acompañarán ao traballo desenvolto neste Centro de Formación e posibilitará o desenvolvemento de novos productos de información e comunicación.
Este proxecto reproduce unha cidade intelixente a escala, totalmente funcional, con Arduino. A súa intelixencia permítelle detectar o camiño máis curto entre dous puntos calquera da cidade, atendendo tanto a semáforos peonís como ao tráfico da estrada.
Proxecto levado a cabo por investigadores do CITIC-UDC que consiste no desenvolvemento dun complemento para Unity que permita a implementación de sistemas multiaxente en Unity, un dos motores de videoxogos máis utilizados, permitindo a comunicación entre axentes que facilite a cooperación, negociación e coordinación dos mesmos.
Aula nova, é un espazo de encontro, aprendizaxe e experimentación dispoñible para o profesorado galego onde podedes probar, desenvolver e materializar un proxecto que teñades en mente ou repensar, probar e poñer en práctica as liñas metodolóxicas de traballo na aula.
O CITIC é un centro de investigación da Universidade da Coruña que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Serve como punto de encontro entre a Universidade e a empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.
Este proxecto mistura a tecnoloxía coas técnicas tradicionais da cerámica, creando altofalantes cerámicos para teléfonos móbiles, esculturas para gardar os pendrives e obras moi variadas onde se mestura mitoloxía, relatos, poesía que invitan a reflexión sobre a evolución tecnolóxica e humana. En definitiva, trátase dun proxecto de cerámica creativa para as novas tecnoloxías.
BactiDec é un dispositivo espectrofotométrico de baixo custo desenvolto por estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Este permite ao/á cirurxián/a coñecer en tempo real o número de bacterias presentes na ferida cirúrxica mentres dura a intervención, permitindo un diagnóstico precoz de posibles infeccións poscirúrxicas.
En AseBio, a Asociación Española de Bioempresas, agrupamos e representamos os intereses de empresas, asociacións, fundacións, universidades e centros tecnolóxicos e de investigación que desenvolven actividades no ámbito da biotecnoloxía en España.
A combinación de filosofía maker e biotecnoloxía permite a escolas de Lituania, Italia, Macedonia lideradas polo IES David Buján crear un espazo biomaker para facer investigacións e prácticas de biotecnoloxía no ensino secundario. Neste proxecto adaptouse, deseñouse e realizouse instrumental para un laboratorio de biotecnoloxía de instituto con baixo custo.
LimitLess é unha empresa de impresoras 3D e servizos profesionais de fabricación aditiva. Gañadores do concurso de proxectos das xornadas da industria da pasada edición da Maker Faire Galicia, este ano presentan unha nova versión 3.0 da súa exitosa impresora ILC.