Proxectos

Paula Castro Castro

Os grupos de investigación de Intervención psicosocial e rehabilitación funcional e de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións da UDC desenvolven unha aplicación móbil para a análise do desenvolvemento das habilidades motoras na infancia.

O traballo presenta unha aplicación móbil para complementar e potenciar as actividades físicas deseñadas especificamente para nenas e nenos de educación primaria con dificultades motoras. Esta aplicación permite o seguimento do seu progreso e proporciona un adestramento previo á realización desas actividades que contribúe á súa mellora progresiva na execución das mesmas. A experiencia piloto realízase nunha poboación sa de nenas e nenos dun centro educativo da contorna da cidade de A Coruña. Os resultados obtidos reflicten os erros medidos a partires do seguimento táctil de traxectorias dun obxecto que se despraza na pantalla do dispositivo móbil. Convén destacar que as características destas traxectorias poden configurarse para adaptase ao grao de dificultade motora. Estas probas da aplicación amosan unha predición progresiva do comportamento da coordinación visomotora e unha variabilidade segundo a idade que permite coñecer o estado do seu desenvolvemento.

O obxectivo é estender o estudo á poboación infantil con patoloxías motoras para cuantificar de xeito máis preciso o problema e deseñar programas de reforzo adaptados. Así e todo, logo das probas realizadas, podemos dicir que esta ferramenta TIC podería resultar axeitada para o seu uso en nenas e nenos que sofren dalgún tipo de dificultade na súa coordinación visomotora.

Este traballo resultou premiado polo Comité Científico do XoveTIC 2020 pola súa calidade, excelencia e orixinalidade.

Membros do equipo: Paula Castro, Adriana Dapena, Luz González, David Moreno, Francisco Vázquez e Jamile Vivas

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online