Proxectos

Alberto Femenias

Un dos principais factores que impide o uso e a adopción de criptoactivos en xeral, e Bitcoin en particular, é toda a complexidade asociada, que pode ser abafadora para moitos usuarios potenciais.

DIY Bitcoin permite a calquera maker crear de forma segura as súas propias moedas  Bitcoin mediante o uso dunha impresora 3D barata. Este proxecto levado a cabo por investigadores do CITIC conta cunha parte hardware e un software de código aberto desenvolto especificamente, que permite ao usuario final a creación dunha criptomoeda física que almacena as claves que protexen o valor asociado dunha maneira fácil e segura. 

Debido á necesidade de depositar a confianza nos fabricantes das moedas, os produtos comerciais existentes non atoparon unha adopción xeneralizada. Coa DIY Bitcoin cada usuario pode crear unha pola súa conta sen ter que proporcionar información confidencial.  Neste evento mostraranse uns exemplos de moedas fabricadas así como todos os pasos necesarios a seguir para que poidas crear a túa.

Membros do equipo: Alberto Femenias, José Manuel Vázquez e ​Cristian R. Munteanu


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online