Proxectos

ACO Robots

A robótica vangardista baseou os seus novos desenvolvementos en multitude de comportamentos diferentes abstraídos da natureza, un claro exemplo diso é a robótica colectiva ou cooperativa, que ten como obxectivo deseñar equipos de robots con capacidade para resolver problemas operando de maneira similar a unha colmea, involucrando contornas dinámicas, con condicións cambiantes para a percepción. 

Este proxecto desenvolveuse en 3 fases. En primeiro lugar creouse un pequeno grupo de robots para percorrer unha matriz atopando o mellor camiño ata atopar a comida. En segundo lugar deseñouse unha contorna virtual onde se pode ver como funciona o algoritmo ACO, nesta contorna podemos cambiar moitas variables diferentes e a intelixencia pode atopar o camiño óptimo. A última fase é a comunicación entre esta contorna e un robot físico, cando a intelixencia na contorna virtual aprende e elixe cal é o mellor roteiro envía a información ao robot e o robot pode replicar o comportamento nunha contorna real.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online