Proxectos

CAFI

Dentro da xornada de educación podes formar parte do marathon de impresión 3D onde poderás presentar unha peza a concurso para programar de xeito analóxico un robot Escornabot. Todas as pezas formarán parte de un kit para empréstito para centros educativos.

RESOLUCIÓN CONCURSO

Dende Aula Nova queremos dar as grazas a todos os participantes no Escornathon, tanto os docentes galegos, alumnado e tamén aos makers, vos sodes os grandes protagonistas e unha parte moi especial  deste singular reto. As vosas pezas teñen moito valor e representan as vosas interpretacións persoais para guiar ao Escornabot.

Queremos dar tamén as grazas aos padriños do reto Pablo Rubio e Xoan Sampaíño polo seu bo facer e polo apoio constante, son dous magníficos makers que levan o nome do robotiño moi lonxe. Tiveron unha tarefa difícil dada a gran calidade, orixinalidade e  cantidade de pezas presentadas a concurso.

Agradecemos tamén o traballo de impresión de pezas 3D  de Escornabot doadas para os kits dende o Departamento de Mantemento do IES Politécnico de Vigo, o noso recoñecemento para os seus docentes e alumnado colaborador.

Reunido virtualmente o xurado do reto, Pablo Rubio e Xoan Sampaíño, facemos pública a súa resolución:

-Premio para a mellor peza do alumnado dotado cunha cámara de acción Go Pro, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmorativa para a Clase Roja de Nuestra Señora de Lourdes de A Coruña. O xurado destaca o seu sentido didáctico para a súa aplicación posterior e o traballo en grupo no deseño e significado das pezas.

 

-Premio para a mellor peza do profesorado dotado cunha cámara 360 Ricoh Tetha, un kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para peza Xiros de Marcos Febrero. O xurado destaca a versatilidade da peza e o esforzo do deseño para conseguir o xiro do eixo.

 

 -Premio para a mellor peza do maker dotado con 4 Kits completos de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para a peza Escornatintón de Rafa Couto. O xurado destaca a posibilidade de combinación de posicións do elemento central e o coidado deseño.

 

-Accésit a mellor peza inclusiva dotado cun kit completo de Escornabot Singularis (electrónica e pezas 3D) e placa conmemorativa para Rosa Garrido. O xurado recoñece o gran traballo inclusivo do xogo presentado sendo unha alternativa cando non se ten impresora 3D e alumnado con deficiencia visual.

 

 Parabens a todos por participar neste reto e en especial aos premiados/as  polos seus deseños.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online