BactiDec é un dispositivo espectrofotómétrico de baixo custo que permite ao/ao cirurxián/á coñecer en tempo real o número de bacterias presentes na ferida cirúrxica mentres dura a intervención, permitindo anticiparse e previr posibles infeccións poscirúrxicas.
O proxecto foi desenvolto por estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela e descríbeno como “os ollos que lle faltaban á cirurxía”. Iniciaron este proxecto hai dous anos ao darse conta durante unhas prácticas universitarias que, mesmo tras unha operación cirúrxica realizada perfectamente podería desenvolverse unha infección na ferida que podería botar por terra todo o bo traballo realizado.
Gañadores do programa Explorer, actualmente o equipo de BactiDec está a traballar na proba de concepto do dispositivo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.