Proxectos

Club de ciencias CEIP Ponte dos Brozos

"Desplastifícate" une o uso da tecnoloxía e o fomento da conciencia ambiental creando espazos virtuais que repliquen contornas naturais contaminadas, para visualizalas, reflexionar sobre as súas repercusións e plantexar posibles solucións.

A experiencia enmárcase dentro do que se coñece no CEIP Ponte dos Brozos como Club de Ciencia. Neste club o alumnado de 5º e 6º ten a oportunidade de aprender explorando novos métodos e recursos como son a utilización de iPads para a creación de contornas virtuais e de realidade aumentada.

Con esta experiencia se busca promover unha conciencia ambiental creando contornas virtuais nas que o alumnado poida replicar ecosistemas danados por malos hábitos e a mala praxe do home. Esta actividade implica tomar conciencia das repercusións das nosas accións e a súa vez persegue a análise de posibles solucións.

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online