Xornadas da industria

Sistema automático de control de radon

Sistema autómático de control de radón, desenvlvido por investigadores do CITIC-UDC, consiste nun sistema autónomo de control do nivel de radón que é capaz de predecir o nivel de radón con horas de antelación e activar automáticamente o sistema de ventilación para que o nivel de radón non suba do nivel considerado seguro.

Sistema autenticación biométrica

Sistema de autenticación biométrica desenvolto por investigadores del CITIC-UDC. baseado na análise do comportamento mediante interacción por pantalla táctil e sensores de movemento.

Rastreador de índice de risco Covid-19

Covid-19 Personal Cumulative Risk Index Tracker é un dispositivo portátil inalámbrico de baixo custo, creado por Ferrán Fábregas, deseñado para axudar a manter a distancia social e coñecer o risco de exposición en contornas potencialmente perigosas en relación á COVID-19.


 

 

Sistema de monitoraxe para IT de código aberto

Muuntech é unha plataforma unificada que permite a análise dos datos de monitoraxe do seu negocio en tempo real e o acceso a toda esta valiosa información en calquera momento e desde calquera lugar. Ademais o equipo de Muuntech desenvolveu un simulador das contornas industriais de monitoraxe 4.0 realizado con LEGO Mindstorms e RaspberryPi para poder entender de forma visual o funcionamento da plataforma.

 

SmartWood

SmartWood é unha plataforma móbil desenvolvida por José Luís Gude que permite a calquera propietario, ou interesado nas parcelas rurais de Galicia, coñecer as posibilidades de produción en cada unha delas e levar un rexistro de todo o proceso de explotación. 

Wave&Pain

Wave& Pain é un proxecto tecnolóxico que permite detectar a dor cunha lectura de ondas cerebrais, observadas mediante un electroencefalograma de baixo custo levado a cabo por Iria Oleiro Cadilla, unha estudante de Enxeñería Biomédica.

Tracking de parámetros para deportes extremos

Tracking de parámetros para deportes extremos é un dispositivo portátil de pequeno tamaño que permite facer un seguimento de distintos parámetros de dificil medición a distancia nos deportes extremos con conexión por bluetooth realizado por Sergio Dacal, un xoven maker de 16 anos.

Sustainable 3D Printing

Sustainable 3D Printing é un proxecto creado por LOWPOLY que ofrece mobiliario e pezas a gran escala sostibles medioambientalmente grazas ao desenvolvemento dun sistema de impresión 3D a partir de material reciclado.

Monitoraxe industria 4.0

Muutech é unha plataforma unificada que permite a análise dos datos de monitoraxe do seu negocio en tempo real e o acceso a toda esta valiosa información en calquera momento e desde calquera lugar. Ademais o equipo de Muuntech desenvolveu un simulador das contornas industriais de monitoraxe 4.0 realizado con LEGO Mindstorms e RaspberryPi para poder entender de forma visual o funcionamento da plataforma.

Moeda Bitcoin DIY

Moeda Bitcoin DIY, levado a cabo por investigadores do CITIC, é un proxecto que permite a calquera maker crear de forma segura as súas propias moedas Bitcoin físicas mediante o uso dunha impresora 3D de baixo custo e un software open-source específico desenvolvido por eles mesmos. 


 

 

BioBridges

En  AseBio, a Asociación Española de  Bioempresas, agrupamos e representamos os intereses de empresas, asociacións, fundacións, universidades e centros tecnolóxicos e de investigación que desenvolven actividades no ámbito da biotecnoloxía en España.

BactiDec

BactiDec é un dispositivo espectrofotométrico de baixo custo desenvolto por estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Este permite ao/á cirurxián/a coñecer en tempo real o número de bacterias presentes na ferida cirúrxica mentres dura a intervención, permitindo un diagnóstico precoz de posibles infeccións poscirúrxicas.

Asistente virtual de código aberto

Este proxecto, realizado por investigadores do  CITIC-UDC, consiste no deseño dun asistente virtual desenvolto con compoñentes de código aberto e amplamente utilizados. A proposta cobre o proceso de principio a fin, dende a recompilación e o procesamento de información ata a interacción visual e verbal.

 

App para o desenvolvemento motor na infancia

Os grupos de investigación de Intervención psicosocial e rehabilitación funcional e de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións da UDC desenvolven unha aplicación móbil para a análise do desenvolvemento das habilidades motoras na infancia e para complementar e potenciar as actividades físicas deseñadas especificamente para nenas e nenos de educación primaria con dificultades motoras.


 

 

Complemento de comunicación para Unity

Proxecto levado a cabo por investigadores do CITIC-UDC que consiste no desenvolvemento dun complemento para Unity que permita a implementación de sistemas multiaxente en Unity, un dos motores de videoxogos máis utilizados, permitindo a comunicación entre axentes que facilite a cooperación, negociación e coordinación dos mesmos.

 

Exoesqueletos de rehabilitación de código aberto

Exoesqueletos de rehabilitación é un proxecto de Indi Global de México que consiste no desenvolvemento opensource do primeiro exoesqueleto médico alcanzable para axudar á marcha de nenos e nenas con dificultades motoras.

Micro:bit para a rehabilitación en parálise cerebral

Micro: bit para a rehabilitación en parálise cerebral, levado a cabo por investigadores do CITIC-UDC en colaboración con ASPACE, consiste na creación de programas lúdicos controlados pola placa programable Micro:bit e o posterior rexistro das pautas marcadas por un terapeuta para a rehabilitación en persoas con diversidade funcional. 

Allnet

Maker Store By Allnet é unha tenda especializada na comercialización de produtos baseados no movemento Maker e a filosofía STEAM, por exemplo Impresoras 3D,  filamento 3D, compoñentes electrónicos, placas de desenvolvemento, robots educativos, ferramentas, fontes de alimentación, instrumentos de medición e control, domótica, IoT & LoRaWAN.

Itmati

O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI) proporciona solucións  avanzadas aos sectores produtivos da sociedade, especialmente a empresas, industrias e administracións públicas. A súa principal función é a transferencia de tecnoloxía  matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector  produtivo.

3D LimitLess

LimitLess é unha empresa de impresoras 3D e servizos profesionais de fabricación aditiva. Gañadores do concurso de proxectos das xornadas da industria da pasada edición da Maker Faire Galicia, este ano presentan unha nova versión 3.0 da súa exitosa impresora ILC.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online