Proxectos

Muutech

Muutech é unha plataforma unificada que permite a análise dos datos de monitoraxe do seu negocio en tempo real e o acceso a toda esta valiosa información en calquera momento e desde calquera lugar.

Ademais o equipo desenvolveu un simulador das contornas industriais de monitoraxe 4.0 realizado con LEGO Mindstorms e RaspberryPi para poder entender de forma visual o funcionamento da súa plataforma.

O simulador LEGO Mindstorm e unha RaspberryPi permite mostrar como se monitoran e controlan de forma segura desde a nube máquinas industriais de calquera tipo, interactuando co xoguete e  convertendo as variables dos motores, sensores, etc., que ten o robot, en sinais con protocolos industriais reais. Ademais mostra en tempo real toda a información da mesma en dashboards xunto con alarmas e avisos e integra tamén realidade aumentada da man de Xoia.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online