SmartWood é unha plataforma móbil que permite a calquera propietario, ou interesado nas parcelas rurais de Galicia, coñecer as posibilidades de produción en cada unha delas e levar un rexistro de todo o proceso de explotación.
Esta aplicación móbil desenvolvida por José Luís Gude permite realizar procuras de parcelas mediante a xeoposición do smartphone, coñecer as especies forestais que se poden plantar en cada unha segundo a normativa vixente así como consultar as especies máis adecuadas seguindo os criterios ecolóxicos da zona. Ademais ofrece unha bolsa de provedores de servizos e un caderno de explotación moi completo, para poder consultar e levar o rexistro de todo o proceso produtivo comodamente desde o móbil.
Membros do equipo: José Luís Gude, Begoña Castro e Siro González