Proxectos

Alberto Alvarellos

A Unión Europea declarou o gas radon como canceríxeno para o ser humano. Varios estudos realizados en España destacaron as altas concentracións de radón en varias rexións, sendo Galicia unha das rexións con maior concentración de radón.

O obxectivo deste traballo, desenvolvido por investigadores do CITIC-UDC, foi crear un sistema autónomo de monitorización medioambiental e de control do radón, capaz de predecir o nivel de radón con horas de antelación e activar automáticamente o sistema de ventilación, que fose seguro e de baixo custo, baseado en tecnoloxías de código aberto.  

O sistema utilizouse autonomamente durante case dous anos nunha ubicación con alta concentración de radón, lográndose manter o nivel de radón por debaixo do nivel considerado seguro. Os resultados indican que o desenvolvemento dun sistema de control de radón de baixo custo, pero seguro, é viable, permitindo a creación dunha rede de sensores que poden axudar a mitigar os perigos para a saúde que supón unha alta concentración de radón.

Membros do equipo: Alberto Alvarellos e Juan Rabuñal Dopico.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online