Wave&Pain é un proxecto tecnolóxico que permite detectar a dor cunha lectura de ondas cerebrais observadas mediante un electroencefalograma de baixo custo.
Este proxecto de Iria Oleiro Cadilla nace do desexo de conseguir detectar a dor, para que poida ser usado con finalidades médicas como novo método de análise de dor, axudando así a persoas enfermas, maiores ou neonatos.
Ademais, esta nova estudante de Enxeñería Biomédica é tamén a creadora de Baby Safety, un proxecto baseado no desenvolvemento de sistemas para a prevención da morte súbita en lactantes co que obtivo grandes recoñecementos e gañou varios premios.