Proxectos

Indi Global

Exoesqueletos de rehabilitación é un proxecto baseado no desenvolvemento opensource do primeiro exoesqueleto médico alcanzable para axudar á marcha de nenos e nenas con dificultades motoras.

Os exoequeletos médicos son un desenvolvemento tecnolóxico con gran potencial que permite mellorar a vida de millóns de persoas con problemas de mobilidade. Con todo o acceso a estes dispositivos aínda está limitado a segmentos de poboación moi concretos debido ao seu alto custo. Dada esta situación, Jesús Tamez-Duque e o seu equipo de deseño e concepción (Indi Global) crearon o primeiro  exoesqueleto pediátrico para axuda á marcha. O enfoque opensource e a ultra simplificación permitiron facer estes dispositivos alcanzables e atópanse xa en uso en clínicas en México. Neste encontro, o fundador e director da empresa INDI en Francia e México, compartirá os principios, procesos e resultados do traballo que lles permitiu poñer en uso clínico exoesqueletos pediátricos "Open source".

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online