Proxectos

Arturo Silvelo

Neste traballo desenvolto por investigadores del CITIC-UDC. expúxose un modelo de autenticación continuo baseado no comportamento do usuario fronte ao uso do dispositivo móbil. Este modelo preséntase como un segundo factor de autenticación, o cal verifica a lexitimidade do usuario de maneira transparente para este, podendo desta maneira detectar se o usuario que está a traballar na sesión é o que orixinalmente se autenticou. 

Para este propósito foi necesario desenvolver unha aplicación multiplataforma que recompilase a información necesaria para xerar os perfís de cada usuario, utilizando para iso os sensores de movementos dispoñibles no dispositivo (acelerómetro e xiroscopio) así como os eventos calculados a partir da pantalla táctil. Os eventos obtidos mediante os sensores de movemento foron agrupados en xanelas de tempo e os eventos obtidos pola pantalla táctil agrupáronse en xestos (swipe, rotate, tap, press, princh, pan), co fin de obter mellores patróns que permitan a identificación dos usuarios.

Para o proceso de análise desta información empregáronse diferentes técnicas de Intelixencia Artificial, co fin de obter un conxunto de algoritmos que permitisen a xeración de perfís individuais para a identificación do usuario. Para a creación destes perfís empregáronse diferentes técnicas de clasificación, obtendo durante o proceso múltiples combinacións de eventos e algoritmos. Os perfís creados para cada un destes usuarios foron integrados nun servidor para implementar un servizo en liña que permite a identificación dun usuario en tempo real.

Membros do equipo: Arturo Silvelo, Daniel Garabato, Carlos Dafonte e Raúl Santoveña.

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online