O proxecto consiste nun sistema de monitoraxe para centros de procesamento de datos utilizando elementos de domótica e outro tipo de compoñentes IoT. Para iso o equipo desenvolveu os sensores do sistema con dispositivos NodeMCU utilizando o protocolo MQTT e integramos toda a información en Zabbix.
Actualmente este equipo de investigadores do CITIC- UDC está a desenvolver unha ferramenta para os administradores de sistemas en calquera contorna profesional totalmente baseada en compoñentes open hardware e open software.
O obxectivo é ter un sistema de monitoraxe para CPDs o máis completo e compatible posible, e que sexa fácil de implantar e de manter. Integramos monitoraxe de servidores, dispositivos de rede, sensores e outros elementos nun servidor Zabbix. Utilízanse sensores conectados a dispositivos NodeMCU e envíanse os datos mediante protocolo MQTT. Para isto desenvolveuse un dispositivo cunha carcasa impresa en 3D que se colocou nos racks do CPD.
Neste evento, o equipo presenta un prototipo dun dos sensores e a integración deste dentro do sistema Zabbix de monitoraxe desde Home Assistant.
Membros do equipo: Alejandro Mosteiro, Carlos Dafonte e Ángel Gómez.