Proxectos

Adriana Dapena

Para conseguir mellores programas de intervención e rehabilitación en persoas con diversidade funcional, investigadores do CITIC-UDC en colaboración con ASPACE, crearon unha serie de xogos con fins terapéuticos para ordenador que son controlados e personalizados no seu manexo con diferentes elementos en función das capacidades de cada usuario. 

A intervención con persoas con diversidade funcional, para traballar diferentes aspectos da vida diaria co fin de mellorar a súa autonomía persoal e independencia, utiliza diferentes técnicas e ferramentas. O acceso a dispositivos electrónicos de baixo coste que integran sensorización como xiroscopios, aceleradores, sinais luminosas e sonoras permite crear ferramentas que facilitan e estimulan actividades de rehabilitación.

A placa Micro:bit é un microcontrolador dotado de sensores (acelerómetro e compás) e con posibilidade de conectarse facilmente a outros sensores e actuadores compatibles con Arduino. Cos programas creados  trabállase o equilibrio e a mobilidade das extremidades inferiores cunha aplicación que mostra sobre a pantalla unha pelota e un oco. Mediante o emprego dunha táboa de equilibrio á que se adheriu o Microbit pódese controlar o movemento da pelota sobre a pantalla para introducila dentro do oco. Noutra proba trabállase o movemento de tronco adherindo o Micro:bit a un cinto e o movemento de cabeza traballarase cunha gorra.

Isto permite sensorizar o mundo real e poder rexistrar as pautas marcadas por un terapeuta cando traballa cunha persoa con discapacidade. 

Membros do equipo:  Alejandro Lopez, Ruben Carneiro, Laura Quiroga e Javier Pereira.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online