Proxectos

IES David Buján

A biotecnoloxía aplícase en sectores tan diversos como a saúde humana, o medio ambiente ou a alimentación. Na actualidade, a formación práctica dos alumnos de secundaria neste campo é escasa, debido ao alto custo e mantemento dos aparellos de laboratorio. Esta é a razón de facer un laboratorio de biotecnoloxía low cost.

A combinación de filosofía maker e biotecnoloxía permite a escolas de Lituania, Italia, Macedonia lideradas polo IES David Buján crear un espazo biomaker para facer investigacións e prácticas de biotecnoloxía no ensino secundario.

A filosofía DiY orixinaria de EEUU e as súas actividades son principalmente tecnolóxicas e artísticas. O movemento DiY Bio uniu o movemento maker e a biotecnoloxía proporcionando solucións á comunidade DiY Bio. Neste proxecto adaptouse, deseñouse e realizouse instrumental para un laboratorio de biotecnoloxía de instituto con baixo custo (500-1000€) con material como: centrifugadora, axitador magnético en frío e con calor, un espectrofotómetro, pipetas, incubadora, baño termostático, incubadora e un sistema laminar de fluxo.

 

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online