Proxectos

Makers 4 (VermisLAB)

O Anti-sleeper Car é un dispositivo que se instala nos vehículos e cuxo obxectivo é tratar de evitar os accidentes de tráfico provocados por persoas que quedan durmidas ao volante.

Trátase dun dispositivo que, mediante unha sinxela instalación no vehículo, consegue que este free automaticamente. Mediante un sensor no volante que detecta se o condutor se durmiu, o dispositivo emite un asubío que espertará ao usuario ao mesmo tempo que o vehículo frea progresivamente. Este proxecto está pensado para as persoas que padecen certa tendencia para durmirse mentres conduce.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online