O CITIC é un centro de investigación da Universidade da Coruña que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Serve como punto de encontro entre a Universidade e a empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.
A súa actividade científica estrutúrase en catro áreas de investigación principais: Intelixencia Artificial, Ciencia e Enxeñería de Datos, Computación de Altas Prestacións e Servizos e Redes Intelixentes e unha área de investigación transversal a todas elas, a de Ciberseguridade.