A neurotecnoloxía é a intersección da tecnoloxía, medicina, psicoloxía e tecnoloxía. Os avances en neurociencia permítennos cada vez coñecer máis nosa mente. Pero como? Nesta charla exploraremos os fitos máis importantes en neurociencia que deron lugar a que hoxe en día existan tecnoloxías que nos permitan cousas como controlar un computador coa nosa mente ou dispositivos que poidan “ler” os nosos pensamentos.
Pode ser un gran paso para previr enfermidades neurodexenerativas, tratar enfermidades motoras, etc. Pero tamén pode ser un reto a nivel ético. Que pasaría coa privacidade? Que pasa co libre albedrío se un aparello monitora a miña mente? Que pasaría se unha tecnoloxía pode ofrecer melloras cognitivas? Que son os neurodereitos?